Francisco Xavier do Amaral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Xavier do Amaral
Biografía
Nacemento3 de decembro de 1937 Editar o valor em Wikidata
Turiscai (Timor portugués) Editar o valor em Wikidata
Morte6 de marzo de 2012 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Dili, Timor Leste Editar o valor em Wikidata
Cargos
Presidente de Timor-Leste
Período28 de novembro de 1975 – 7 de decembro de 1975
Datos persoais
País de nacionalidadeTimor Leste Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAsociación Social Democrática Timorense (ASDT)

WikiTree: Amaral-126


Francisco Xavier do Amaral, nado en Turiscai o 6 de marzo de 1937 e finado en Dili o 6 de marzo de 2012, foi o fundador e presidente da Asociación Social Democrática Timorense (máis tarde Fretilin) e un dos candidatos ás eleccións presidenciais en Timor Leste en 2002 e en abril de 2007.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chegou a recibir as primeiras ordes, pero abandonou a vida sacerdotal. Fundador da autoproclamada República Democrática de Timor-Leste. Refuxiouse nas montañas durante a invasión indonesia, pero foi detido en 1978 polos compañeiros, acusado de "traizón", capturado e exhibido en público polos militares indonesios, que o mantiveron baixo arresto virtual durante 22 anos en Balí. No regreso a Timor-Leste, a pesar de rehabilitado pola Fretilin, optou por fundar o seu propio partido, o ASDT (que conquistou tres lugares no Parlamento).

En abril de 2002, Amaral concorreu contra Xanana Gusmão nas primeiras eleccións presidenciais timorenses, sendo duramente derrotado. Afirmou que era candidato non para gañar mais para demostrar a vitalidade da democracia timorense. Amaral concorreu de novo para presidente na elección presidencial de abril de 2007, ficando en cuarto lugar, con 14,39 % dos votos.

Faleceu o 6 de marzo de 2012 aos 75 anos en Dili, vítima dun cancro.