Francisco Vázquez Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Vázquez Díaz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1898 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de febreiro de 1988 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
San Xoán, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Compostela esculpindo o busto "A Pepe", retrato en Vida Gallega, 1933.

Francisco Vázquez Díaz, coñecido como Compostela, nado en Santiago de Compostela o 7 de setembro de 1898 e finado en San Xoán de Porto Rico o 21 de febreiro de 1988, foi un escultor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun canteiro, profesión que adoptou dende novo. Traballou en talleres composteláns e en 1920 marchou a Madrid para ampliar os seus coñecementos artísticos. De formación autodidacta, deuse a coñecer o día de ano novo de 1927 cando colocou as súas tallas de animais a carón dos leóns do Congreso dos Deputados, como acto reivindicativo por non dispor dun lugar axeitado para facer unha exposición. Foi expulsado pola Garda civil, pero a acción iconoclasta acadou o seu obxectivo pois, ao día seguinte o artista era coñecido en toda España.

Encargouse da decoración do pavillón de Galicia da Exposición Iberoamericana de 1929 en Sevilla. En 1930 a Deputación da Coruña concedeulle unha bolsa para ampliar estudos no estranxeiro e viaxou a París, onde estivo dous anos. Ao seu regreso realizou unha serie de exposicións en Madrid, Santiago de Compostela e A Coruña, que o proxectaron como un dos máis destacados escultores do momento.

A sublevación do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en París. Foi o escultor oficial do Quinto Rexemento durante a Guerra Civil e autor de bustos de Rafael Alberti, José de Diego e Luis Muñoz Rivera. Ao comezo da segunda guerra mundial foi detido nun campo de concentración no sur de Francia. De alí puido emigrar a República Dominicana en decembro de 1939. En outubro de 1940 viaxou a Porto Rico, invitado polo reitor da universidade, Juan B. Soto, para realizar demostracións de talla directa en madeira e expor as súas esculturas. Estableceuse en San Xoán de Porto Rico e casou coa profesora Margot Arce en 1942. Desenvolveu un labor pedagóxico no Instituto de Cultura Portorriqueña como director dos talleres de escultura ata a súa xubilación en 1968.

A súa obra é, en parte, unha homenaxe á patria adoptiva. Tamén fixo algúns monumentos en pedra destinados a honrar a memoria de personaxes distinguidos: o poeta P. H. Hernández, o actor cómico Diplo e o soldado García Ledesma. Conseguiu sona a través das representacións de temática animalística (Crocodilo, Foca, Camelos, Cebú, Monos...) e especialmente coa serie de pingüíns humanizados e satíricos (Pingüín académico, Pingüín mona, Pingüín abade...), feitos en madeira e cos que fixo unha crítica divertida a diversos personaxes, entre eles, algúns da sociedade galega.

Homenaxes[editar | editar a fonte]

De novembro de 2002 a febreiro de 2003, a súa obra volveu a Santiago de Compostela na mostra de 26 debuxos que realizou antes da Guerra Civil e algunhas das súas esculturas en madeira no Museo das Peregrinacións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]