Francisco Rodríguez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Francisco Rodríguez Sánchez, nado en Serantes, Ferrol, o 22 de novembro de 1945, é un político e crítico literario galego.
[editar] Traxectoria
[editar] Política
Foi elixido deputado no Parlamento de Galiza en 1993 polo Bloque Nacionalista Galego e deputado no Congreso dos Deputados dende 1996 ata 2008. Actualmente é Secretario Xeral da Unión do Povo Galego, así como membro do Consello Nacional do BNG e da súa Executiva, sendo o Secretario de Formación do partido.
[editar] Literatura
É doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago e exerceu coma profesor de lingua e literatura española en bacharelato en Ferrol até 1993. Entre os traballos de historia, crítica literaria e sociolingüística, compre destacar A evolución ideolóxica de Manuel Curros Enríquez (1974), Conflicto lingüistico e ideoloxía en Galiza (1976), Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro (1988) e Eduardo Blanco Amor, o desacougo da nación negada (1994).
Ademais, é autor doutros libros, coma Galiza, razón de ser, recompilación de artigos publicados na imprensa diaria ao longo do período que abarca a VI Legislatura do Congreso dos Deputados (1996-2000).