Francisco Rizi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Auto da fe (1683), Museo do Prado.

Francisco Rizi, nado en Madrid en 1608 e finado en El Escorial en agosto de 1685, foi un pintor barroco español da Escola madrileña de pintura.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun pintor italiano, Antonio Ricci, que viu a España para pintar no mosteiro do Escorial, era irmán do tratadista frei Juan Rizi. Francisco foi discípulo do Vicenzo Carducci (cuxo nome é castelanizado, con frecuencia, como Vicente Carducho). Ingresou na orde dos bieitos.

Fixo forte amizade co pintor asturiano, radicado en Madrid, Juan Carreño de Miranda. Ambos colaboraron en numerosas obras. Coa chegada dos italianos Mitelli e Colonna, fresquistas, Carreño e máis el, aproveitaron para aprenderen as técnicas da pintura mural, pintando conxuntamente frescos na igrexa de San Antonio dos Portugueses, en Madrid,e na capela do Sagrario na catedral de Toledo. Só realiza os frescos da capela dos Milagros no convento da Descalzas Reais, novamente na capital española.

Por medio dos seus discípulos máis notábeis están Claudio Coello, José Antolínez e Juan Antonio Escalante, Rizi contribuíu de xeito indelébel á reafirmación da Escola madrileña de pintura.

Obra[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Rizi

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]