Francisco Rivera Cela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Rivera Cela
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1941 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , presentador de televisión Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMarta Rivera de la Cruz Editar o valor em Wikidata

Francisco Rivera Cela, nado en Lugo o 29 de setembro de 1941, é un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como técnico de radiodifusión. A súa carreira xornalística comezou en novembro de 1954 cun programa de deporte escolar. Despois traballou en El Progreso, Localia, Telelugo e a Cope.

Foi xerente do Padroado de Cultura do Concello de Lugo e redactor xefe de Cope Lugo ata 2000. Dirixiu as revistas El Confidencial e Praza Maior. Dirixiu e presentou o programa Lucenses, en Telelugo, desde 1997. Foi presidente da Asociación Provincial de Radio e Televisión (desde onde instaurou os premios Lucenses do Ano) e da Asociación da Prensa Deportiva. Tamén foi responsable do Bimilenario de Lugo.

Continúa colaborando en radio e mantén un blog dentro da web do Grupo El Progreso.

É pai da escritora Marta Rivera de la Cruz, con quen escribiu o libro Lucenses II.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Lucenses, 1974.
  • Lucenses II, 1999.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]