Francisco Manuel de Melo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Manuel de Melo.

Francisco Manuel de Melo, nado en Lisboa o 23 de novembro de 1608 e finado o 24 de agosto de 1666, foi un escritor, político e militar portugués, ainda que pertenza, de igual xeito, á historia literaria, política e militar da España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É un representante máximo da literatura barroca peninsular. Dedicouse á poesía, ao teatro, á historia e a epistolografia. Tendo publicado cerca de dúas decenas de obras durante a súa vida, foi aínda autor de outras, publicadas postumamente.

Francisco Manuel de Melo estivo ao servizo do rei Filipe IV, logo ao do xa independente monarca portugués. En castelán escribiu a Historia de los movimientos, separación y guerra de Cataluña (1645). En Alterações de Évora, analiza os inicios do movemento independentista de Portugal en 1640. O Auto do Fidalgo Aprendiz está considerado a mellor peza teatral lusa do XVII. Escribiu tamén o ensaio moralizante Carta de Guía de Casado (1650).