Francisco López de Goicoechea Inchaurrandieta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco López de Goicoechea Inchaurrandieta

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Francisco López de Goicoechea Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de setembro de 1894 Editar o valor em Wikidata
Totana, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xuño de 1973 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

22 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Murcia (province) (en) Traducir
Deputado nas Cortes republicanas

10 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Murcia (province) (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmaxistrado , político , xurista , avogado Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTribunal Supremo de España Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnión Republicana (España 1934) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Francisco López de Goicoechea Inchaurrandieta, nado en Totana (Murcia) o 24 de setembro de 1894 e finado en Madrid o 28 de xuño de 1973, foi un político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou a carreira de Dereito na Universidade Central de Madrid, dende 1911 até 1916. Antes da proclamación da República, ocupou os cargos de Académico Numerario da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e o de Deputado Noveno do Ilustre Colexio de Avogados de Madrid. Xa na época Republicana, foi elixido Deputado a Cortes por Murcia nas Constituíntes de 1931, polo Partido Republicano Radical Socialista e na lexislatura que deu comezo o ano 1936, pola Unión Republicana. Así mesmo, ocupou a Dirección Xeral de Minas e Combustible en 1933.

Golpe de estado e posguerra[editar | editar a fonte]

Ao producirse o golpe de estado fascista do 18 de xullo de 1936, D. Francisco permaneceu leal á República e inacautouse xunto con outros colegas republicanos do Colexio de Avogados de Madrid, institución da que foi nomeado Decano, mediante decreto publicado na Gaceta de Madrid, o 30 de xuño de 1936, asinado polo presidente Manuel Azaña.

Así mesmo, durante a guerra civil, ocupou os cargos de Maxistrado do Tribunal Supremo e Presidente da Audiencia de Murcia. O 29 de xaneiro de 1939, exiliouse en Francia, pasando posteriormente a México e Cuba, países nos que exerceu a avogacía.

En México tivo o honor de ser socio fundador do Ateneo Español, unha das asociacións culturais máis importantes do país. D. Francisco foi autor dunha vintena de tratados de Dereito, entre os que figura As Sociedades Mercantís no Dereito Cubano (Jesús Montero Editor, A Habana, 1953), obra á que no ano 1958 foille concedido o Diploma de Honor e a Medalla do Instituto de Dereito Comparado da República Arxentina. López de Goicoechea, regresou a España en 1964 para seguir loitando contra a ditadura franquista e faleceu en Madrid o 28 de xuño de 1973, momento no que ocupaba o cargo de Deputado Contador da Xunta de Goberno, do Ilustre Colexio de Avogados de Madrid.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Los hijos ilegítimos ante la Sociedad y el Derecho, en colaboración con D. Alfonso Cortezo y Collantes e D. Luis de la Peña y Costa (Memoria. Real Academia de Jurisprudencia y Legislación, Madrid, 1917)
  • La Legislación Civil y el Proletariado, en colaboración con D. Alfonso Cortezo y Collantes e D. Luis de la Peña y Costa (Imprenta Sucesor de Enrique Teodoro. Real academia de Jurisprudencia y Legislación, Madrid 1918)
  • Derecho Civil, Común y Foral, en colaboración cos prestixiosos profesores D. Joaquín Garrigues y Díaz Cañavate e D. José Castán Tobeñas (Editorial Reus, Madrid, 1921)
  • Legislación sobre Casa Baratas. Publicación do Ministerio de Traballo (Madrid, 1923)
  • El Contrato de Arrendamiento en la Huerta de Murcia. Derecho Consuetudinario Español (Editorial Reus, Madrid, 1925)
  • El Fuero de Aragón en relación con la herencia. (Editorial Reus, Madrid, 1926)
  • Ley Electoral para Diputados a Cortes y Concejales, adaptado a ella el Decreto del Gobierno Provisional de la República, para la elección a Cortes Constituyentes, en colaboración con D. Pedro Martínez Cayuela (Gráficas Reunidas, Madrid, 1931)
  • Comentarios a la Ley Electoral (Editorial Góngora, Madrid, 1936)
  • Tratado práctico sobre el cheque (Empresa Editora de Publicaciones, A Habana, 1952)
  • Los Bancos de Capitalización en Cuba (Empresa Editora de Publicaciones, A Habana, 1952)
  • Las Sociedades Mercantiles en el Derecho Cubano (Jesús Montero Editor, A Habana, 1953. A esta obra foille concedido Diploma de Honor e Medalla polo Instituto de Derecho Comparado da República Arxentina no ano 1958)
  • La Letra de Cambio, su mecánica y funcionamiento (Ucar García, S.A., A Habana 1954 e Editorial Porrúa, México, 1962), ISBN 968-432-540-1
  • La Venta a Plazos (Editorial Selecta, A Habana, 1954)
  • El Desahucio. Jurisprudencia del Tribunal Supremo de Cuba (Empresa Editora de Publicaciones, A Habana, 1954)
  • Legislación de Transportes, en colaboración con el Dr. Segismundo Parés Valdés (A Habana, 1954)
  • Las Servidumbres en el Derecho (Jesús Montero Editor, A Habana, 1956
  • Código Penal Comentado del Estado de Guanajuato (México, 1962).