Francisco Javier Sáenz de Oíza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Javier Sáenz de Oíza
Nacemento 12 de outubro de 1918.
Cáseda, Navarra
Falecemento 18 de xullo de 2000
Madrid
Estilo Movemento Moderno
Obras destacadas Santuario Nosa Señora de Aranzazu
Torres blancas en Madrid
Vivendas na M-30
Torre Banco Bilbao
Palacio de Festivais de Santander
Premios Premio Nacional de Arquitectura.
Premio Antonio Camuñas de Arquitectura.
Medalla de Ouro da Arquitectura.
Premio Príncipe de Asturias das Artes

Francisco Javier Sáenz de Oíza , nado en Cáseda (Navarra) o 12 de outubro de 1918 e finado en Madrid o 18 de xullo de 2000, foi un arquitecto español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Torres Blancas, Madrid.

Obtivo o título de arquitecto pola Escola de Arquitectura de Madrid no ano 1946, recibindo o Premio Aníbal Alvárez ó mellor expediente académico. Ese mesmo ano gañou o Premio nacional de Arquitectura. En 1947 viaxa ós Estados Unidos para ampliar os seus estudios coa beca Conde de Cartagena, da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

En 1949 regresou a España e comeza a traballar como profesor do Departamento de Instalacións da ETSAM. No ano 1968 logra a Cátedra de Proxectos, entre os anos 1981 e 1983 foi director de dita Escola. Tras xubilarse con 67 anos continuou como profesor emérito da mesma.

Compaxinou a súa actividade docente coa profesional. Foi colaborador de Romany na construción de vivendas sociais e no estudio de Manuel Cabeñes.

Mestre de arquitectos dende a Universidade e dende o seu estudio polo que pasaron entre outros Francisco Alonso, Rafael Moneo (1956-1961) ou Juan Daniel Fullaondo. Considérase unha das figuras máis relevantes de arquitectura española, foi un creador polémico e arriscado, con obras discutidas que o final acabaron converténdose en símbolos.

Teoría da arquitectura[editar | editar a fonte]

Sáenz de Oíza definía a Arquitectura como:

  • Unha actividade artística impulsada pola potencia do creador capaz de espertar emocións.
  • Un xogo lúdico, referíndose a parte de aventurarse ó enfrontamento co enigma.
  • Aventurarse ó descoñecido, a un camiño ou proceso non recorrido cunha actitude ilusionada e forte.
  • Sen liberdade non hai obra de arte.
Santuario de Aránzazu, Oñate, Guipúscoa.

Obras destacadas[editar | editar a fonte]

  • Santuario da Nosa Señora de Arantzazu (1950-1954), situado en Oñate (Guipúscoa), proxecto onde coñece a Jorge Oteiza, edificio de formigón, pedra e aceiro.
  • Edificio Torres Blancas de Madrid (1961-1969). Edificio de 71 metros de altura, cun plantexamento de cidade xardín vertical, onde se busca unha nova estrutura espacial para edificios en altura mediante un plantexamento non convencional do programa.
  • Torre do Banco de Bilbao edificio de 107 metros de altura coa fachada de aceiro e cristal, situado no complexo financeiro e comercial AZCA de Madrid, (1971-1978).
  • Campus da Universidade Pública de Navarra situado en Pamplona. O proxecto non se completou na súa totalidade, quedando pendente a construción do Paraninfo (1987).
  • Vivendas na M-30, Madrid, 1986-1989.
  • Torre-Triana, sede administrativa de varias consellerías na illa da Cartuja en Sevilla (1993).
  • Palacio de Festivais de Cantabria, Santander, 1991.

Outros proxectos[editar | editar a fonte]

Torre Banco Bilbao Madrid.
Palacio de Festivais de Cantabria.
  • Edificio de vivendas na rúa Fernando o Católico, Madrid, 1949.
  • Proposta de Capela no Camiño de Santiago, 1954.
  • Poboado de Entrevías, Madrid, 1956.
  • Poboado de absorción Fuencarral-A, Madrid, 1955.
  • Casa Lucas Prieto, Talavera de la Reina (Toledo), 1960.
  • Cen apartamentos en Ciudad Alcudia, Palma, 1963.
  • Casa Arturo Echevarría, Madrid, 1971.
  • Villa Fabriciano, 1987.
  • Pavillóns do IFEMA, Madrid, 1987.
  • Universidade de Granada (1988).
  • Alternativa no Concurso para o Estadio Municipal de Anoeta, Donostia, 1989.
  • Universidade Pública de Navarra, Pamplona, 1989-1993.
  • Concurso de Ideas do Palacio de Congresos, Marbella, 1990.
  • Oficinas da Hermandad de Arquitectos de Madrid (1990).
  • Escola de Administración Pública de Mérida (1990).
  • Ordenación da Praza de San Francisco, Palma, 1991.
  • Pavillón Polideportivo Cuberto, Plasencia, 1991.
  • Concurso Palacio da Música e Congresos, Bilbao, 1992.
  • Edificios de oficinas na avenida de Pío XII, Madrid, 1993.
  • Centro Cultural de Villaviciosa de Odón, Madrid, 1997.
  • Fundación museo Jorge Oteiza, obra póstuma, Alzuza, Navarra, 2003.

Premios[editar | editar a fonte]

Museo Oteiza en Alzuza, Navarra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Javier Sáenz de Oíza

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Vivendas El Ruedo na M-30, Madrid.
  • Fullaondo Errazu, Juan Daniel (1991). La bicicleta aproximativa: conversaciones en torno a Sáenz de Oíza. ISBN ISBN 84-87828-00-0..
  • Sáenz de Oíza, Javier; Capitel, Antón e Sáenz Guerra, Javier (1996). Javier Sáenz de Oíza, arquitecto. ISBN 84-85941-28-4..
  • Alberdi Jimenez, Rosario e Sáenz Guerra, Javier (1996). F.J. Sáenz de Oiza, arquitecto: libro-estudio. ISBN 84-85941-32-2..
  • Alberdi Jimenez, Rosario (1996). Cinco proyectos de vivienda social en la obra de Javier Sáenz de Oíza. ISBN 84-85941-24-1..
  • Cánovas Alcaraz, Andrés (2000). Banco de Bilbao, Saénz de Oiza. ISBN 84-922352-8-4..
  • Climent Guimerá, Federico e Carbonero Malbertí, Jaume (2001). J. Sáenz de Oiza: Mallorca, 1960-2000, proyectos y obras. ISBN 84-7651-978-8..
  • El croquis 32/33 Francisco Javier Sáenz de Oíza 1947 - 1988. 2002. ISBN 84-88386-24-9..

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]