Francisco Javier Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Francisco Javier Rodríguez Gil, nado en Bermés (Lalín) o 17 de abril de 1779 e finado en Santiago de Compostela en 1854, foi un filólogo galego, autor do primeiro dicionario galego moderno.

Índice

Traxectoria [editar]

Sobriño de Xosé Rodríguez González, coñecido como Matemático Rodríguez, naceu en Bermés en 1797. Cursou estudos eclesiásticos e xa ordenado sacerdote convive en Santiago de Compostela co seu tío, José Rodríguez González, que influiría no seu talante liberal e no seu empeño en dignificar o galego. Foi membro destacado e bibliotecario da Sociedad Económica de Amigos del País, e tamén rexentou algún tempo a biblioteca da Universidade.

O dicionario galego castelán [editar]

Dedicouse a recompilar un vocabulario galego, seguindo de cerca ao Padre Sarmiento e publicou varias entregas na revista Galicia, editada na Coruña polos irmáns De la Iglesia. Cando Francisco morre, Antonio de la Iglesia recopila a súas notas e publícaas en 1863.

Este primeiro dicionario galego, que conta con 3.834 [1]entradas, aínda que só 2.184[2] son da autoría de Francisco Javier Rodríguez, sería a base dos publicados despois por Cuveiro Piñol e Marcial Valladares.

Notas [editar]

  1. Antón Santamarina Los diccionarios gallegos y su versión electrónica en Germà Colón e Lluís Gimeno (eds.) Els noms i els conceptes: noves tendències en l'estudi del lèxic. Universitat Jaume I, 2006, páxina 197
  2. No manuscrito orixinal hai ademais 1.256 entradas sen definición segundo Santamarina

Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]

  • Vázquez Crespo, Armando e González Alén, Daniel (1989). A Comarca do Deza. ISBN 84-89690-21-9.