Francisco Javier Oliete Valle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oliete
Información persoal
Nome Francisco Javier Oliete Valle
Nacemento 9 de setembro de 1970
Lugar de nacemento Zaragoza
Altura 1,82 m.
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1988-1991 FC Barcelona B 6 (0)
1991-1993 Albacete Balompié 34 (1)
1993-1994 Celta de Vigo Cedido 17 (0)
1993-1994 Albacete Balompié 13 (0)
1995-1996 Villareal CF
1996-1997 Sporting de Gijón 20 (1)
1997-1998 UE Lleida 21 (1)
1998-2000 Atlético Tarazona
2000-2002 CP Villarobledo
2002-2006 CD Teruel
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Francisco Javier Oliete Valle, nado o 9 de setembro de 1970 en Zaragoza é un exfutbolista español que xogaba na demarcación de lateral esquerdo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do FC Barcelona, debutando co filial no ano 1988. De cara á tempada 1991/92 fichou polo Albacete Balompié, onde militará ata 1995, cunha tempada polo medio cedido no Celta de Vigo, equipo co que chegou á final da Copa do Rei de Fútbol en 1994.

Despois de xogar en Segunda División co Villareal CF en 1996 ficha polo Sporting de Gijón en Primeira División, onde tampouco convenceu e so militou unha tempada, antes de fichar polo UE Lleida.

Remataría a súa carreira xogando en equipos de Terceira División, como o Villarrobledo, o Atlético Tarazona ou o CD Teruel, onde xogou de 2002 a 2006 e onde finalmente se retirou.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]