Francisco Javier Comesaña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1944 A Habana, Cuba |
Morte | 8 de abril de 2011 (66/67 anos) O Escorial, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | médico , violinista |
Familia | |
Pai | Francisco Comesaña Rendo |
Francisco Javier Comesaña Concheiro, nado na Habana en 1944 e finado en El Escorial o 8 de abril de 2011[1], foi un violinista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Francisco Comesaña Rendo, exiliado republicano en México, comezou os seus estudos musicais no Conservatorio Nacional de México. Continuou a súa formación no Conservatorio Chaikovsky de Moscova con Igor Bezrodny.
Entre 1974 e 2003 foi profesor da Orquestra Sinfónica de Radiotelevisión Española. Foi un dos integrantes do "Cuarteto Hispánico-Numen", co que estreou o Concerto para frauta e sexteto de corda de Cristóbal Halffter tocando cos Stradivarius da colección da Casa Real.
Actuou como solista con diferentes orquestras en España, México, Canadá e Rusia, entre as cales se atopa a Orquestra Filharmónica da Universidade Nacional de México, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Orquestra Sinfónica Portuguesa.
Estreou en España o Concerto número 2 e a Sonata de Dmitrii Shostakovich, o Concerto número 3 e o Concerto número 4 de A. Schnittke e o Offertorium de Sofiia Gubaidulina.