Francisco Javier Chica
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Francisco Javier Chica Torres | ||
| Nacemento | 17 de maio de 1985 (28 anos) | ||
| Lugar | Barcelona, España | ||
| Altura | 1,76 m. | ||
| Posición | Defensa | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Espanyol | ||
| Número | 2 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| FC Martinenc | |||
| 1996–2004 | Espanyol | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 2004–2006 | Espanyol B | 40 | (0) |
| 2006–2011 | Espanyol | 108 | (0) |
| 2011- | Betis | 0 | (0) |
| Selección nacional | |||
| 2003 | España sub-17 | 1 | (0) |
| 2004 | España sub-19 | 5 | (0) |
| 2005 | España sub-20 | 1 | |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Francisco Javier "Javi" Chica Torres, nado en Barcelona o 17 de maio de 1985, é un futbolista español. Xoga de defensa e o seu equipo actual é o Real Betis Balompié.
Traxectoria [editar]
Na tempada 2006–07 participou en 27 partidos de liga e 10 da Copa da UEFA, na que os periquitos proclamáronse subcampións. Na seguinte campaña Chica deu o salto definitivo cun contrato profesional no primeiro equipo, e asignouselle o dorsal número 2.
Na tempada 2009–10 empezou suplente debido á chegada de Iván Pillud, pero aos dous meses de competición arrebatoulle a titularidade no lateral dereito facéndose titular indiscutible e sendo un dos xogadores máis importantes do equipo até a súa lesión na xornada 35 contra o UD Almería.