Francisco Javier Castaños
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Francisco Javier Castaños, duque de Bailén (nado en Madrid o 22 de abril de 1758 e falecido o 24 de setembro de 1852), foi un militar e xeneral español, célebre por conseguir a vitoria fronte as tropas napoleónicas do xeneral Dupont no verán de 1808. Era a primeira vez que as tropas imperiais eran vencidas no continente europeo.
[editar] Biografía
Francisco Javier Castaños Aragorri Urioste y Olavide naceu no seno dunha distinguida familia orixinaria de Biscaia. Foi instruído na arte da guerra polo célebre xeneral O'Reilly. cuñado seu, que o acompañou a Alemaña nunha viaxe que emprendeu para coñecer sobre a arte militar na escola do grande Federico de Prusia. En 1974, serviu con distinción, como coronel, no exército de Navarra sob as ordes do xeneral Caro. Foi nomeado xeneral en 1798, e ascendido en 1802 a tenente xeneral pola súa defensa do porto de Ferrol. Posteriormente foi apartado de Madrid, por causa da súa oposición á política pacifista do ministerio español da guerra, estando a cargo do mando do Campo de Xibraltar.
Cando a invasión francesa de España, en 1808, foille confiado o mando dun corpo do exército nas lindes de Andalucía con o resto de España, rexión na que desexaba entrar o xeneral Dupont. Con 9.000 homes e 3.000 voluntarios, Castaños derrotou o xeneral francés en Bailén, Xaén en combate sostido entre os días 18 e 22 de xullo de 1808. Parte da gloria débeuse tamén ao suízo Reding, o seu lugartenente. A división francesa capitulou, e 20.000 homes foron feitos prisioneiros, sendo logo enviados a Cádiz e a illa de Cabrera, nas Baleares. As repercusións da rendición de Bailén foron enormes, xa que era a primeira vez que un corpo do exército imperial napoleónico era derrotado no continente europeo: esmagaba o seu mito de imbatibilidade.
Porén, en outubro do mesmo ano, Castaños era derrotado noutra batalla, bastante máis ao Norte, en Tudela, Navarra.
En 1811, a Rexencia de España|Rexencia, nomeouno comandante do 4º corpo do exército e gobernador de varias provincias. Na batalla de Vitoria, na que a derrota francesa se debeu en boa medida ao seu valor, mostrou unha nova proba da súa capacidade. Privado logo da súa comandancia pola Rexencia, escrebeu ao Ministro da Guerra: "Teño as satisfacción de enviarvos entre as mans do marechal de campo Freire o mando que eu collín en 1811, baixo os muros de Lisboa"
Á volta do rei Fernando VII, Castaños mostrouse como un firme apoio do monarca no momento en que este reinstauraba o Absolutismo. Foi nomeado Capitán xeneral de Cataluña en 1815, e máis tarde en 1823, conselleiro de Estado en 1825, e aínda posteriormente presidente do consello de Castela. Mais foi alonxado da Corte entre 1833 e 1843, con o advenimento dos liberais ao poder.
Á caída de Espartero, vello de abondo, deveceu por mergullarse de novo na vida política, e aínda reemprazaría a Argüelles como tutor dunha raíña Isabel II aínda moi nova.
[editar] Fontes
A fonte principal, pero non única, deste artigo é Charles Mullié, Biographie des célébrités militaires des armées de terre et de mer de 1789 à 1850 (1852).
