Francisco Herrera el Viejo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La curación de San Buenaventura niño por San Francisco (1628).

Francisco Herrera, o Vello, nado en Sevilla c. 1590 e finado en Madrid c. 1656, foi un pintor e gravador español do Século de Ouro.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Examínase de pintor en 1619, trasladándose a Madrid onde morre en 1656. Discípulo quizais de Antonio Pacheco, mostra nas súas obras pegadas do seu estilo e aínda de Juan de Roelas. Acusa no seu labor o coñecemento doutros artistas como Francisco de Zurbarán e Velázquez. Foi pai doutro gran pintor e arquitecto, Francisco de Herrera o Mozo.

Considérase, xunto con Roelas, un pintor de transición desde o Manierismo ata o Barroco.

Notas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Herrera el Viejo