Francisco García Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco García Suárez
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
Allariz, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
   Alcalde de Allariz
Período1 de setembro de 2000 – 15 de xuño de 2018
AntecesorAnxo Quintana
SucesorMaría Cristina Cid Fernández
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Allariz Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBNG
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Francisco García Suárez, nado en Allariz en 1957, é un político galego do BNG, alcalde de Allariz de 2000 a 2018.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomado en Maxisterio. Foi secretario-interventor do concello da Mezquita. Foi concelleiro de Allariz dende o ano 1990 e tenente de alcalde (1991-2000). Ata o 2003 foi secretario de organización da Executiva do BNG.[1][2]. Foi alcalde de Allariz polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) dende setembro do ano 2000, sucedendo no cargo a Anxo Quintana.[3] Revalidou a alcaldía de Allariz con maioría absoluta nas seguintes eleccións de 2003, 2007, 2011 e 2015. Foi vicepresidente segundo da FEGAMP dende 2003 ata 2015. En xuño de 2018 presentou a súa dimisión como alcalde de Allariz e foi substituído pola súa compañeira Cristina Cid.


Predecesor:
Anxo Quintana
 
Alcalde de Allariz
 
2000 - 2018
Sucesor:
María Cristina Cid Fernández

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Allariz, el bastión de los nacionalistas. www.elpais.com, 18/05/2007. (en castelán)
  2. Francisco García y Suárez Canal dejan la Ejecutiva del BNG. www.galiciadigital.com, 24/11/2003. (en castelán)
  3. ""Acta da sesión extraordinaria celebrada polo pleno da corporación o día 1 de setembro de 2000"" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de novembro de 2006. Consultado o 02 de abril de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]