Francisco García Fernández (profesor)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco García Fernández
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor em Wikidata
Burgos, España Editar o valor em Wikidata
Morte1953 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Francisco García Fernández, nado en Burgos en 1898 e finado en México en 1953, foi un profesor e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Funcionario municipal do concello de Ponteareas, era profesor particular. Foi director de La Voz del Tea. Obtivo o título de procurador dos tribunais en xuño de 1936.[1] Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Portugal e pasouse á zona republicana. Foi xulgado en Vigo por rebelión militar sendo declarado en rebeldía. Foi funcionario do goberno da República. Ao rematar a guerra saíu para Francia. En 1939 embarcou en Marsella para exiliarse en México. Incoáronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Argentina González Candeira, que logo do golpe de Estado foi detida e estivo presa en Ponteareas. [3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Tea, 14-6-1936, p. 2.
  2. BOE, 19-7-1941, p. 2862.
  3. Martins Rodríguez, María Victoria (2011). "Cárceles y mujeres en Galicia durante el franquismo". Stud. hist., H.ª cont. (Universidad de Salamanca) (29): 87–117. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]