Francisco Fernández Liñares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Fernández Liñares
Biografía
Nacemento1 de xullo de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Olveira, España Editar o valor em Wikidata
Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil
2008 – 2011 – Francisco Marín Muñoz → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata


Francisco Fernández Liñares, nado en Olveira (Dumbría) o 1 de xullo de 1950, é un enxeñeiro técnico agrícola, economista e político galego, do PSdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Economía, aprobou unhas oposicións a funcionario do Estado e acabou recaendo na subdelegación do goberno en Lugo a finais dos anos noventa. En 1999 integrou a lista do PSdeG ao concello de Lugo, encabezada por Xosé López Orozco, e foi elixido concelleiro. Ocupou a carteira de Seguridade, encargada da policía municipal, durante ese primeiro goberno Orozco. Revalidou o seu escano de concelleiro no goberno municipal en tres ocasións, mudando as carteiras: economía, zona rural e finalmente urbanismo.

En 2008 deixou o goberno municipal ao ser nomeado presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, posto onde permaneceu ata que o equipo de Mariano Rajoy (Partido Popular) venceu nas eleccións Xerais 2011 en España. Foi substituído por Francisco Marín Muñoz. A seguir foi destinado a un posto na mesma Confederación, pero na sede de Lugo.

En setembro de 2012 foi detido en relación coa Operación Pokémon, acusado de participar nunha trama de subornos e prevaricación mentres fora concelleiro en Lugo.[1] O Tribunal Supremo condenouno a catro anos e medio de cárcere por suborno e a oito anos e medio de inhabilitación por prevaricación por adxudicar obras a empresarios a cambio de cartos ou de prestacións de traballo nas súas propiedades.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]