Francisco Castro
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Francisco Castro (futbolista).
Francisco Castro Veloso, nado en Vigo o 27 de outubro de 1966, é un escritor galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Traballa desde hai anos como cronista cultural en varios medios galegos, e na actualidade na Editorial Galaxia. É autor do libro de relatos eróticos Xeografías, de A canción do náufrago, ambos de 2001, e do relato histórico Memorial do infortunio. En 2004 publicou Xeración perdida, novela coa que entra o lector no mundo das drogas, e Un bosque cheo de faias, que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam, que publica Galaxia.
En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela As palabras da néboa, publicado por Editorial Galaxia. No mesmo ano publica O ceo dos afogados que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano.
En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado Borobó despedido'’. Tamén neste ano publicou na colección Árbore de Galaxia a novela Chamádeme Simbad (Lista de Honra de IBBY 2012) e Premio Frei Martín Sarmiento 2011, e ao ano seguinte, a novela xuvenil, O segredo de Marco Polo.
A finais do ano 2010 foi nomeado presidente de GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). No ano 2011 publica unha novela para adultos titulada In Vino Veritas.
[editar] Obra
[editar] Narrativa
- A outra banda da fiestra. (1989) Relatos.
- Amor de Cinema. (1994, Edicións do Cumio) Novela.
- Play-back. (1997) Novela.
- A canción do náufrago. (2001, Ir Indo) Relatos.
- Xeografías. (2001, Positivas) Narrativa erótica.
- Memorial do inforturnio. (2003, A Nosa Terra) Novela histórica.
- Río Leteo. (2004, Espiral Maior). Relatos.
- Xeración perdida. ISBN 978-84-8288-659-6 (2004, Galaxia) Novela. Traducida ao castelán no 2011, como Generación perdida, en Pulp Books.
- Spam. ISBN 978-84-8288-936-8. (2006, Galaxia) Novela.
- As palabras da néboa. ISBN 978-84-9865-021-1. (2007, Galaxia) Novela.
- In vino veritas (2011, Galaxia) Novela.
[editar] Literatura infanto-xuvenil
- Un bosque cheo de faias. (2004, Everest). Narrativa infantil.
- O ceo dos afogados. (2007, Xerais) Narrativa xuvenil.
- Chamádeme Simbad. ISBN 978-84-9865-147-8. (2009, Galaxia) Narrativa infantil.
- O segredo de Marco Polo ISBN 978-84-9865-297-0 (2010, Galaxia) Narrativa xuvenil.
[editar] Obras colectivas
- Alma de beiramar. (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- 23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado, 2004, Hipocampo.
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, AELG).
- Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal. (2005, AELG).
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo. (2006, Difusora).
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
- Letras novas (2008, AELG).
- Quéroche contar un conto (2010, Xerais).
- En defensa do Poleiro. (2010, Toxosoutos).
- Manual para condutores con faros antinéboa. (2010, Xunta de Galicia).
- Pel con pel (2010, Galaxia).
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (2011, A Nave das Ideas).
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
[editar] Premios
- Premio Lueiro Rey no 1997, por Play-back.
- Premio de poesía O Facho no 2002.
- Premio Rosa Reboredo de Narrativa da Asociación Cultural Galega de Cornellà no 2005, por Venres desesperado (look casual friday).
- Premio Frei Martín Sarmiento no 2005, por Un bosque cheo de faias.
- Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves no 2005, por Ningún fascista morreu inxustamente.
- Premio Blanco Amor no 2006, por Spam.
- Premio García Barros no 2007, por As palabras da néboa.
- Finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil no 2007, por O ceo dos afogados.
- Premio Frei Martín Sarmiento no 2009, por O ceo dos afogados.
- Mellor libro infantil para as lectoras e lectores da web Fervenzas Literarias no 2009, por Chamádeme Simbad.
- Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo Domínguez 'Borobó' no 2009, por Borobó, despedido.
- Premio Frei Martín Sarmiento no 2011, por Chamádeme Simbad.