Francisco Cabo Pastor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Cabo Pastor
Biografía
Nacemento1872 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de marzo de 1973 Editar o valor em Wikidata (100/101 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Francisco Cabo Pastor, nado en Ferrol en 1872 e finado na mesma cidade o 16 de marzo de 1973, foi un médico e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola de Artes e Oficios de Ferrol. Foi médico das Pontes de García Rodríguez. Anticaciquil, foi partidario da emigración, postura que cambiou coa participación en Solidaridad Gallega xunto co seu amigo Rodrigo Sanz, e despois en Acción Gallega. A partir de 1916 incorporouse ao movemento galeguista utilizando o galego e preocupándose polo problema autonomista. Foi tesoureiro das Irmandades da Fala de Ferrol.

Foi conferenciante e colaborou en El Correo Gallego, Galicia e Juventud de Ferrol, Cultura Campesina de Pontedeume, La Antorcha de Cedeira e A Nosa Terra. Debido a unha enfermidade quedou cego ao final da súa vida.

Obras[editar | editar a fonte]

Obras en galego[editar | editar a fonte]

Publicou en 1908 ¡Despertad, gallegos! un berro de liberdade e de protesta en contra do caciquismo. En 1919 apareceu Versos Gallegos. Cantigas e cousas da Nosa Terra. En 1924 publicou La Universidad Gallega (Aportaciones para su autonomía). E en 1929 a novela curta Semprenoiva na colección Céltiga.

Obras en castelán[editar | editar a fonte]

En 1924 apareceu en Madrid Los Une-Borricos. Poema medieval agrario, humorístico e xocoso. E en 1934 publicou Camino de hierro. Apuntes de un ciego en un viaje de El Ferrol a Madrid. En 1935 apareceu Tertulia de rebotica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]