Francisco António de Almeida
Francisco António de Almeida nado en 1702 e finado en ca. 1755 foi un compositor e organista portugués.
Traxectoria [editar]
Debido ás súas orixes nobres, recibiu de D. João V unha bursa para estudar en Italia. Entre 1722 e 1726 estudou en Roma, onde publicou dúas oratorias, Il pentimento di David e La Giuditta. No día 9 de xullo de 1724 participou nunha academía organizada por Pier Leone Ghezzi, que na ocasión lle deseñou unha caricatura, describíndono na lenda como un «xove mas excelente compositor de concertos e de música sacra, que canta con extremo gusto». Regresou a Portugal en 1726, onde se tornou organista da Capela Real e Patriarcal de Lisboa. Foi profesor de piano da Infanta Maria Bárbara de Portugal. En 1728, realizou a primeira das súas serenatas, Il Trionfo della virtù en Lisboa no palacio do Cardeal João da Mota e Silva. A súa ópera cómica, La pazienza di Socrate realizouna no palacio real en 1733. Foi a primeira ópera italiana en Portugal. Para as celebracións carnavalescas fixo estrear La Finta Pazza no palacio real de Ribeira en 1735. Morreu probabelmente en Lisboa durante o terremoto de 1755.
Obras [editar]
- Il pentimento di Davidde (componimento sacro), 1722
- La Giuditta (oratorio), 1726 (as primeiras actuacións modernas foron en 1990 e foi descrito como unha obra-prima)
- Il trionfo della virtù (composición poética), 1728
- Il trionfo d'amore (pastoral), 1729
- Gl'incanti d'Alcina (drama para música cantada), 1730
- La Spinalba, ovvero Il vecchio matto (drama cómico), 1739
- L’Ippolito (serenata), 1752
Bibliografía [editar]
- Manuel Carlos de Brito: Almeida, Francisco António de, Grove Music Online ed. L. Macy, http://www.grovemusic.com
- Manuel Carlos de Brito: Opera in Portugal in the Eighteenth Century (Cambridge, 1989)