Francis Fukuyama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francis Fukuyama

Francis Fukuyama, nado o 27 de outubro de 1952 en Chicago, é un economista político e politólogo norteamericano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É coñecido sobre todo polo seu libro The End of History and the Last Man (1992) no cal argumentaba que a fin da guerra fría suporía a fin da evolución da historia co triunfo da democracia liberal. Fukuyama foi un dos grandes ideólogos do neoconservadurismo norteamericano pero sentiuse defraudado polo que considera exceso de militarismo na política exterior norteamericana, desaprobando a invasión de Iraq de 2003 tal como se fixo.