Francis Beaumont

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francis Beaumont

Francis Beaumont, nado en 1584 e finado en 1616, foi un poeta e dramaturgo inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en Oxford, pero a morte do seu pai obrigouno a deixar o estudos e exercer de avogado como o seu pai, pero máis interesado no mundo literario, foi discípulo do poeta Ben Jonson. En 1602 apareceu a súa primeira obra Salmacis and Hermaphroditus.

Arredor de 1605 comezou a colaborar con Jonh Fletcher, aínda que non se fixeron famosos ata 1608 coa obra Philaster. Os dous están considerados comos os iniciadores da comedia de intigra inglesa.

Obras[editar | editar a fonte]

  • The Scornful Lady (1609)
  • Philaster or Love Lies a-Bleeding (c.1609)
  • The Maid's Tragedy (c. 1609),
  • A King and No King (1611),
  • The Knight of the Burning Pestle (c. 1610),
  • Cupid's Revenge (1612)
  • The Coxcomb (c. 1610)
  • Wits at Several Weapons (1614)
  • Scornful Lady (1616)
  • Thierry and Theodoret (1616)
  • Little French Lawyer (1620)