Francis Barlow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baralla, sobre 1679, Francis Barlow V&A Museum no. 20366:1 a 52
Coursing the Hare, ilustración de Francis Barlow a The Gentleman's Recreation de Richard Blome, 1686.

Francis Barlow, nado en 1626 e finado en 1704, foi un pintor e ilustrador inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no Linconshire e o seu primeiro traballo de importancia foi a ilustración de Theophila (1652), obra de Edward Benlowe, e en 1666 ilustrou unha edición das Fábulas de Esopo.
A partir de 1653 traballou en Londres como pintor de paxaros e outros animais, e é tamén o pai da pintura deportiva británica e en 1682 Barlow realizou The Horrid Hellish Popish Plot, probablemente a segunda tira cómica que se fixo.

Barlow morreu na pobreza, aínda que non se coñece a data exacta. O enterro foi o 11 de agosto de 1704.