Francis Baily

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francis Baily
Nacemento28 de abril de 1774 e 1774
Lugar de nacementoNewbury
Falecemento30 de agosto de 1844 (70 anos)
Lugar de falecementoLondres
SoterradoSt Mary's Church, Thatcham
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Ocupaciónastrónomo e escritor
Coñecido porAnel de diamante de Baily
Premiosmembro da Royal Society, Medalla de ouro da Royal Astronomical Society, Fellow of the Linnean Society of London e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences
Na rede
WikiTree: Baily-481
editar datos en Wikidata ]

Francis Baily, nado en Newbury, Berkshire, o 28 de abril de 1774 e finado en Londres o 30 de agosto de 1844, foi un astrónomo inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1796 e 1797 viaxou por América do Norte, en 1799 entrou na Bolsa de Londres e escribiu libros de economía como Tables for the Purchasing and Renewing of Leases (1802), The Doctrine of Interest and Annuities (1808) e The Doctrine of Life-Annuities and Assurances (1810). Fíxose rico e dende 1825 dedicouse á astronomía; xa en 1820 fora un dos fundadores da Real Sociedade Astronómica e preparou o Catalogue of 2881 stars en 1827. A el debéuselle a reforma do Nautical Almanach en 1839 e o comezo das expedicións para observar eclipses solares.

On the new method of determining the longitude by the culmination of the moon and stars, 1824