Francia Metropolitana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francia metropolitana

O termo Francia Metropolitana (France métropolitaine ou simplemente a Métropole) refírese ao territorio continental de Francia en Europa máis as illas das costas continentaís do océano Atlántico, do canle da Mancha e do mar Mediterráneo ,incluindo a illa de Córsega. Exclúe os departamentos de ultramar e os territorios de ultramar, que, malia ser partes integrais da República Francesa, son referidos como Francia de Ultramar (France d'outre-mer). Nos departamentos e territorios de ultramar, unha persoa da Francia Metropolitana é referida como métro.

Ao 1 de xaneiro de 2008, existían 61.875.822 persoas vivindo na Francia Metropolitana, mentres que 2.597.318 vivían na Francia de Ultramar, sumando un total de 64.473.140 na República Francesa.

O termo Francia Continental emprégase cando se exclúen as illas e en particular a de Córsega da Francia Metropolitana.