Francesinha
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francesinha en Vila Nova de Gaia
A Francesinha é un tipo de sándwich típico da cociña lusa moderna. A máis coñecida é a da cidade de Porto.
Consiste dunha torrada de pan branco rechea con diversos tipos de embutidos e carne: xamón cocido, chourizo, mortadela, filete de tenreira ou porco, recuberta de lonchas de queixo gratinado e regado por un mollo picante (feita a partir de cervexa e tomate). O bocadillo inventouno supostamente un cociñeiro emigrante que retornou de Francia. Existen moitas variantes acerca da súa orixe. Trátase dun prato contundente e que se adoita tomar antes ou logo dunha noite de esmorga (tanto de cea tardía como de almorzo contundente).
Ligazóns externas [editar]
- (en portugués) Irmandade da Francesinha - Valoración e avaliación das Francesinhas