Francesco Camilliani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francesco Camilliani
Nacemento1530
Lugar de nacementoFlorencia
Falecemento13 de outubro de 1576
Lugar de falecementoFlorencia
Ocupaciónescultor e arquitecto
editar datos en Wikidata ]
Fonte Pretoria en Parlermo

Francesco Camilliani, nado en Florencia en 1530 e finado na mesma vila o 13 de outubro de 1576, foi un escultor toscán do Renacemento.

Fixo os seus estudos en Florencia con Baccio Bandinelli. O fillo de Francesco, Camillo Camilliani, tamén foi escultor en Palermo.

Obras[editar | editar a fonte]

Entre as realizacións máis salientables de Francesco Camilliani, está a Fonte de auga da Piazza Pretoria, en Palermo. Esta obra, inicialmente construída para o xardín da Vila florentina de Pietro di Toledo entre 1554 e 1555, foi finalmente adquirida polos gobernadores de Palermo e instalada alá. As esculturas da fonte representan unhas fábulas, de monstros e ninfas, todos cuspindo xogos de auga que se cruzan entre eles formando unhas fervenzas. Noutrora chamada « fonte da vergoña » polas estatuas femininas núas que a rodean, non obstante é un dous poucos exemplos de arte do Cinquecento en Palermo.