Francesc Macià i Llussà
| Francesc Macià i Llussà | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| 122º President da Generalitat de Cataluña | |||
| Período: | 1932–1933 | ||
| Antecesor: | Josep de Vilamala | ||
| Sucesor: | Lluís Companys | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 21 de outubro de 1859 | ||
| Lugar: | Vilanova i la Geltrú, Cataluña |
||
| Falecemento: | 25 de decembro de 1933 | ||
| Lugar: | Barcelona, Cataluña |
||
| Organización: | Esquerra Republicana de Catalunya | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | Presidente da Generalitat de Cataluña (1932–1933) | ||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | Político | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Francesc Macià i Llussà, nado en Vilanova i la Geltrú o 21 de outubro de 1859 e finado en Barcelona o 25 de decembro de 1933, foi un político e militar catalán de ideoloxía republicana e independentista catalá. Foi tenente coronel do exército de terra, 122º Presidente da Generalitat de Cataluña (sucedido por Lluís Companys i Jover) e un dos fundadores dos partidos Estat Català e Esquerra Republicana de Catalunya.
Traxectoria[editar]
Aos quince anos ingresou na Academia de Enxeñeiros Militares de Guadalaxara. Aos seis meses termina formación e pasa destinado como tenente a Madrid na sección de telegrafía. Foi destinado a Sevilla co grao de Capitán (1882) e despois a Lleida, onde chegaría a Tenente Coronel. Casou con Eugenia Lamarca filla de terratenientes leridanos.
Con todo tivo que saír da institución militar logo de condenar o ataque dalgúns oficiais do exército ao semanario La Veu de Catalunya en (1905). (Asaltaron a imprenta na que se elaboraba o semanario que publicara unha caricatura que consideraron vexatoria para os oficiais destinados en Cataluña. No canto de tomarse medidas contra os militares déuselles a razón e aos autores da caricatura xulgóuselles por un Tribunal Militar).
Logo dunha fracasada viaxe a Moscova para pedir axuda ás autoridades comunistas decidiu contar exclusivamente coas súas forzas e organizar directamente unha incursión armada en Cataluña. En 1922 fundou o partido separatista Estat Català (Estado Catalán), en 1931 o partido fusiónase con Esquerra Republicana de Catalunya gozando de autonomía interna. En 1926 con Estat Català intentou unha acción armada contra a ditadura de Primo de Rivera, desde Prats-de-Mollo-la-Preste (o denominado «complot de Prats de Molló»), en Francia. Este intento foi abortado pola Gendarmería francesa, pero lle fará gañar moita popularidade en Cataluña. Abortado o complot, Macià foi detido e desterrado a Bélxica. Tras residir uns cantos meses en Bruxelas, entrou clandestinamente en Arxentina, onde residiu máis de medio ano. Fundou na Habana o Partido Separatista Revolucionario de Cataluña, do cal foi presidente e no que estudou por primeira vez a posibilidade de constituír unha República Catalá (setembro-outubro de 1928). Caída a ditadura do xeneral Primo de Rivera (xaneiro de 1930), Macià regresa a Cataluña finalmente o 22 de febreiro de 1931.
En 1931, logo dunhas eleccións que deron a maioría ao seu novo partido, Esquerra Republicana de Catalunya, Macià proclamou a República Catalá desde o Palacio da Generalitat de Cataluña. Máis adiante, cando o proxecto de constituír España como un estado federal non salga adiante, verase obrigado a aceptar un Estatuto de Autonomía para Cataluña. Foi presidente da Generalitat ata a súa morte, acaecida en 1933. Foi substituído á fronte da Generalitat de Cataluña por Lluís Companys.
Ligazóns externas[editar]
- Texto da proclamación da República Catalá de 1931
- Vídeo de Francesc Macià
- Vídeo de Inauguración do Parlament de Catalunya de Macià
Generalitat de Cataluña |
||
|---|---|---|
Segue a: Josep de Vilamala |
Francesc Macià i Llussà | Precede a: Lluís Companys |
| President | ||