Françoise Hardy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Françoise Hardy
Nome completoFrançoise Madeleine Hardy
Data nacemento17 de xaneiro de 1944 (80 anos)
Nado en París, Francia
CónxuxeJacques Dutronc
FillosThomas Dutronc
OcupaciónCantante, Actriz
XéneroVariété française
Chanson française
Pop
Slow dance
Twist
Bossa nova
Balada
Instrumento(s)Voz
Relacionado conJacques Dutronc
Thomas Dutronc
Jean-Marie Périer
Étienne Daho
Tempo en activo1961-actualidade
Na rede
Sitio Web Oficial
IMDB: nm0362634 Allocine: 3539 Allmovie: p30374
Facebook: francoisehardyofficiel MySpace: francoisehardy3 Youtube: UCsyR7lxM1qrXURI-3QPFt7g Bandcamp: francoisehardy Spotify: 7x3f7c0fBanNlQwpx1255g iTunes: 16303542 Musicbrainz: d2a79d20-1304-47fd-a998-b4fe1ec78373 Discogs: 457980 Allmusic: mn0000186594 Deezer: 4676 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Françoise Madeleine Hardy nada en París, o 17 de xaneiro de 1944, é unha popular cantante, e modelo francesa. Foi a primeira cantante pop francesa famosa e é unha das cantantes francófonas máis coñecidas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Delicada intérprete de suave voz e dotada compositora de inclinación sentimental, sofisticada e melancólica, Françoise Hardy é a gran diva na historia do pop francés. Nada en París o 17 de xaneiro de 1944, Françoise Madeleine Hardy viviu unha infancia solitaria marcada pola súa extrema timidez e unha estrita educación nun internado relixioso da Bruyère.

Unha saída para a súa vida monótona era a música da radio, escoitaba con devoción aos grandes nomes da chanson francesa. Pouco a pouco foron medrando as súas influencias, que residían principalmente na canción pop tradicional gala, o music-hall, o rock and roll, o jazz e o folk.

Primeiros recoñecentos[editar | editar a fonte]

Cando lle regalaron na súa adolescencia a súa primeira guitarra todo cambiou para Françoise. A partir de entón expresou o seu estado emocional mediante a música, pero para iso tería que recibir unha instrución previa en canto. Nada mellor que acudir ao Petit Conservatoire de Mireille Hartuch.

Aos seus pais non lles desgustaba a inclinación da súa filla cara a música, sempre que non descoidase os seus estudos, así que comezou a estudar Ciencias Políticas na Sorbona, posteriormente abandonou esta carreira para estudar Literatura.

Despois de estudar con Mireille Hartuch, no 1961, con só dezasete anos, firmou un contrato coa discográfica Vogue. Coa súa guitarra acústica a nova e tímida Françoise, comezou a actuar a principios dos anos 60 en diversos clubs parisienses, interpretando as súas tristes e nostálxicas historias.

En 1962 gravou en Vogue Records o seu primeiro sinxelo, “Tous les garçons et les filles”, escrito por Françoise e Roger Samyn, que se converteu nun enorme éxito europeo, adquirindo a artista un papel na canción francesa, xunto a outras coma Sylvie Vartan ou France Gall. A noite do 30 de outubro de 1962, na única canle de TV, en branco e negro, e ante un gran número de espectadores que esperaban os resultados da votación para a elección do presidente da República, nun intermedio musical apareceu Françoise Hardy interpretando Tous les garçons et les filles. Ao día seguinte soaba en todas as canles de radio. Coa compañía discográfica Vogue editou o seu primeiro disco. A finais do ano xa venderan 500.000 exemplares. Paris Match publicou a súa fotografía na portada o 5 de xaneiro de 1963, consagrándose como novo ídolo da canción.

Nova estrela da canción[editar | editar a fonte]

A personalidade de Françoise cambiou radicalmente cando coñeceu ao fotógrafo Jean-Marie Périer que fixo unha reportaxe sobre ela para a revista Salut les Copains, mantendo unha relación amorosa con este fotógrafo ata 1967. Este modelouna ao seu gusto e Hardy gañou en seguridade persoal. A súa faciana fíxose famosa en todo o mundo, sendo a principal protagonista dos seus discos ao compoñer case todas as súas interpretacións e achegar ideas na produción e nos arranxos. Despois de Jean-Marie Périer, relacionouse sentimentalmente en 1967 co cantautor e actor francés Jacques Dutronc.[1]

Cantante coñecida, o director cinematográfico Claude Lelouch realizou un scopitone (videoclip) da canción. En 1963 representou a Mónaco no Festival de Eurovisión coa canción L'amour s'en va. A Metro-Goldwyn-Mayer invitouna o 21 de decembro de 1966 a ir á primeira proxección da película Château en Suède en Nova York con Yves Montand, como protagonista francés do filme. Nese momento a Warner, tras chegar a un acordo con Vogue, difundiu os seus discos no mercado estadounidense.

En 1967 rompeu con Jean-Marie Périer e cantou Ma jeunesse fout le camp, unha canción de Guy Bontempelli, outro dos seus grandes éxitos, como os dos anos seguintes Des ronds dans l'eau e Comment te dire adieu, esta última coa letra de Serge Gainsbourg.

Françoise Hardy foi modelo fotográfica para o modista Paco Rabanne.

En 1981 casou con Jacques Dutronc, cantautor e actor cinematográfico francés.

No ano 2000 publicou Clair obscur, con 12 temas. Participou na letra da maioría deles, e xunto a ela artistas como Benjamin Biolay, Jacno e Thierry Stremler. En canto á música, varios temas levan a firma do seu fillo Thomas Dutronc, un guitarrista que soubo facerse un nome na música francesa, entre as figuras da súa nai e do seu pai, Jacques Dutronc. Con este disco, Françoise Hardy volveu aos temas e á emotividade das súas cancións dos anos 70, aínda que os seus autores non teñen o talento de Michel Berger, quen lle escribiu algunhas das mellores cancións da súa carreira, naquel tempo, sobre todo Message personel.

Aquela canción parece ser o obxectivo e a referencia do disco publicado en 2004 con novas cancións, despois da compilación publicada pouco antes. Este novo disco converteuse nun grande éxito en Francia e exportouse a numerosos países como a Arxentina. Grazas a el gañou o premio á Mellor Intérprete Feminina nas Vitorias da Música 2005, que se realizaron a comezos dese ano.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Papeis de ficción :

  • 1963 : Château en Suède
  • 1965 : What's New Pussycat?
  • 1965 : Una balle al cœur
  • 1966 : Masculin féminin: 15 faits précis
  • 1966 : Grand Prix
  • 1972 : Les Colombes

Participacións como personalidade da canción:

  • 1964 : I ragazzi dell’hully gully
  • 1965 : Altissima pressione
  • 1965 : Questo Pazzo, Pazzo Mondo della Canzone
  • 1966 : Europa canta ou Per un pugno di canzoni
  • 1976 : Si c'était à refaire
  • 2003 : Les Invasions barbares

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Tous les garçons et les filles (1962)
  • Le Premier Bonheur du jour (1963)
  • Françoise Hardy canta per voi in italiano (1963)
  • Mon amie la rose (1964)
  • In Deutschland (1965)
  • L'amitié (1965)
  • La maison ou j'ai grandi (1966)
  • Françoise Hardy Sings in English (1966)
  • Ma jeunesse fout le camp... (1967)
  • Comment te dire adieu ? (1968)
  • En anglais (1969)
  • One-Nine-Seven-Zero (1970)
  • Träume (1970)
  • Soleil (1970)
  • La question (1971)
  • Message personnel (1973)
  • Entr'acte (1974)
  • Star (1977)
  • Musique saoule (1978)
  • Gin Tonic (1980)
  • A suivre (1981)
  • Quelqu'un qui s'en va (1982)
  • Décalages (1988)
  • Le danger (1996)
  • Clair-obscur (2000)
  • Tant de belles choses (2004)
  • (Parenthèses...) (2006)
  • La Pluie sans parapluie (2010)
  • L'amour fou (2012)

Homenaxes[editar | editar a fonte]

O cantante Bob Dylan menciónaa nun dos seus poemas, For Françoise Hardy at the Sena’s Edge… na contraportada do seu álbum Another Side Of Bob Dylan (Columbia Récords, agosto de 1964).

Jacques Prévert escribiu o poema, Unha planta verde, para o programa da súa segunda pasaxe ao Olympia en outubro 1965.

Guy Peellaert inspirouse en Françoise Hardy para crear unha heroína da banda deseñada Psychédélique, en 1968. Gallien Guibert realizou en 2001 un debuxo animado piloto, previsión dunha serie televisada, pero o proxecto non tivo continuación.

Ivan Brunetti realizou unha breve biografía da cantante nunha banda deseñada. Titulada Françoise Hardy, figura na cuarta selección das obras deste debuxante, reunidas baixo o título Schizo. O último tomo foi publicado por Fantagraphics en decembro de 2005.

Bill Pritchard, Dave Levenbach, Renaud Detressan, o grupo estadounidense Shawn Lee’s Ping Pong ou Sharleen Spiteri cantaron cancións inspiradas por Hardy.

Predecesor:
"Dis rien"
François Deguelt

Mónaco en Eurovisión

1963
Sucesor:
"Où sont-elles passées?
Romuald

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gámez, Carles (8 de novembro de 2011). "Françoise Hardy, a máis bela do baile". El País Tentaciones. Consultado o 10 de noviembre de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]