François Bordes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrançois Bordes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1919 Editar o valor em Wikidata
Rives, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte30 de abril de 1981 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Tucson, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropólogo , profesor universitario , escritor de ciencia ficción , escritor , arqueólogo , prehistoriador , xeólogo Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioFrancis Carsac Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDenise de Sonneville-Bordes (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

François Bordes, nado o 30 de decembro de 1919 e finado o 30 de abril de 1981, foi un xeólogo, prehistoriador e, co sobrenome literario de Francis Carsac, autor de ciencia ficción.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en Tolosa, Bordeos e París, onde obtivo o doutoramento (1951) en ciencias naturais coa tese Les limons quaternaires du Bassin de la Seine - Stratigraphie et archéologie paléolithique que non se publicou ata 1954. Durante a segunda guerra mundial tivo que interromper os seus estudos e formou parte da Resistencia francesa, participando na liberación de Bordeos. Despois da guerra ingresou no CNRS (1945-1955) ata converterse en profesor de xeoloxía do cuaternario e prehistoria na Facultade de Ciencias da Universidade de Bordeos 1 (1956), alí fundou o Institut du Quaternaire (hoxe Institut de Préhistoire et de Géologie du Quaternaire). Entre 1957 e 1975 foi director do organismo Antiquités Préhistoriques d’Aquitaine.

Dirixiu bo número de escavacións arqueolóxicas, sobre todo no suroeste de Francia, destacando Pech-de-l'Azé, Combe-Grenal ou Corbiac. A súa contribución arqueolóxica máis recoñecida foi a de describir a diversidade de industrias líticas do Paleolítico Inferior e Medio cunha metodoloxía empírica axudada mediante cálculos estatísticos e matemáticos simples e accesibles. A pesar da súa sinxeleza a inclusión das matemáticas foi unha innovación tan grande nos anos 50 que se chegou a falar do método Bordes. O seu sistema creou unha grande escola de prehistoriadores cunha influencia decisiva nos estudos prehistóricos que mesmo provocou a aparición de tendencias opostas a ela, como a tipoloxía analítica e estrutural de Georges Laplace ou a New Archaelogy.

Bordes foi tamén un dos primeiros investigadores en facer experimentos de talla de rochas duras de fractura concoide co obxecto de reconstruír as técnicas de fabricación prehistórica.

Obra[editar | editar a fonte]

Prehistoria e xeoloxía[editar | editar a fonte]

  • Principes d'une méthode d'étude des techniques de débitage et de la typologie du Paléolithique ancien et moyen, L'Anthropologie, t. 54 (1950)
  • Typologie du Paléolithique ancien et moyen, Delmas, Publications de l'Institut de Préhistoire de l'Université de Bordeaux, Mémoire n° 1 (1961)
  • Leçons sur le Paléolithique, CNRS, 3 vol. (1984)

Ciencia ficción[editar | editar a fonte]

  • Ceux de nulle part, 1954
  • Les robinsons du Cosmos, 1955
  • Terre en fuite, 1960
  • Pour patrie l’espace, 1962
  • Ce monde est nôtre, 1962
  • La vermine du lion, 1966
  • Sur un monde stérile, 1997 (escrito en 1945)