François Bazin
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
François Emmanuel Joseph Bazin (Marsella, 1816 — París, 1878) foi un compositor francés.
Estudou no conservatorio de París e ao rematar marchou a Italia, ao voltar foi profesor de canto no conservatorio e dende 1849 profesor de harmonía. Compuxo nove óperas cómicas, 1 oratorio, 1 misa e diversas cancións corais nun estilo romántico.
Obras [editar]
- Le Trompette de M. le Prince, 1846
- Le Malheur d'être jolie, 1847
- La Nuit de la Saint-Sylvestre, 1849
- Madelon, 1852
- Maître Pathelin, 1856
- Les Désespérés, 1858
- Marianne, 1861
- Le Voyage en Chine, 1865
- L'Ours et la pacha, 1870