Fragmentación do hábitat
A fragmentación do hábitat é un proceso de cambios ambientais importante para a evolución e bioloxía da conservación. Como o seu nome implica, describe a aparición de descontinuidades (fragmentación) no medio ambiente dun organismo (hábitat). A fragmentación de hábitat pode ser causada por procesos xeolóxicos que paseniñamente mudan a configuración do medio ambiente físico, ou por actividades humanas, por exemplo, a conversión de terras, o cal pode alterar o medio ambiente dunha forma moito máis rápida na escala de tempo. Considérase que os procesos xeolóxicos sexan unha das principais causas de especiación (fundamentalmente a especiación alopátrica), mentres que as actividades humanas estarían implicadas na extinción de moitas especies.
A fragmentación de hábitat é frecuentemente causada polos humanos cando a vexetación nativa é removida para instalar produción agrícola, desenvolvemento rural ou plan urbano. O hábitat que algunha vez formaron unha unidade, fican separados en fragmentos illados. Despois dunha limpeza intensiva do terreo, os fragmentos de hábitat tenden a converterse en illas separadas por camiños, estradas, pasturas ou terreos baldíos.
No termo fragmentación de hábitat pódense considerar seis procesos discretos:
- Redución da área total do hábitat.
- Incremento da cantidade de delimitacións.
- Decrecemento da cantidade de hábitat interior.
- Illamento dun fragmento do hábitat doutras áreas do mesmo.
- Ruptura dun sector do hábitat en subsectores máis pequenos.
- Decrecemento do tamaño medio dos sectores dun hábitat.
Véxase tamén [editar]
Notas [editar]
Ligazóns externas [editar]
- En inglés
- GLOBIO, Programa de mapeo dos impactos de actividades humanas presentes, pasadas e futuras nos ambientes naturais e os seus fragmentación, epecialmente nas zonas grandes silvestres.
- Monash Virtual Laboratory - Simulacións de fragmentación de hábitats e xenética de poboacións en internet de Monash University's Virtual Laboratory.
- Defragmentation in Belgium (Flanders) - Connecting nature, connecting people. Consultado: Xaneiro 22, 2009
- Corredores de vida silvestre en Holanda. Como avaliar o seu efecto? Consultado: Xaneiro 22, 2009