Fractura escapular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A fractura escapular ou fractura da omoplata é unha fractura do óso chamado escápula ou omoplata, no ombreiro. A escápula é un óso par, e localizado nun lugar protexido do corpo, polo que a súa lesión ben é moi rara, ben é debido a traumatismos de alta enerxía coma accidentes de tránsito. Debido a esta característica, esta fractura adoita acompañerse de outras fracturas e lesións asociadas sobre todo do tórax e das extremidades superiores. Os signos e síntomas son moi similares ás das demais fracturas e inclúen dor, rixidez, e impotencia funcionar na área da fractura. Os síntomas, aínda así, poden tardar días en aparecer. As téxnicas de imaxe como os raios X empréganse para diagnosticar a fractura escapular, pero o estudo da lesión non se debe limitar á escápula xa que é moi frecuente que se presenta asociada a outras fracturas. As fracturas asociadas en maior medida á fracturas escapular son: lesións torácicas, contusións pulmonares, hemotórax, pneumotórax, fracturas costais, fracturas de clavícula e lesións neurovasculares. De feito hai unha tríada típica dos accidentes de circulación que é a propia fractura da escápila con fracturas costais e hemotórax ou pneumotórax.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Partes da escápula.

Para coñecer a anatomía da escápula ver: Omoplata

As fracturas de omoplata clasifícanse polo lugar anatómico desta onde se producen. A gravidade da fractura será maior se afecta a partes da escápula que estean en contacto con articulacións ou ligamentos, e será menor en zonas onde non exista compromiso articular, como no corpo ou na espiña escapular. Así pois, anatómicamente a fractura pode producirse en diferentes lugares establecendo así o tipo de fractura:

Síntomas[editar | editar a fonte]

Igual que nos demais tipos de fracturas, a fractura escapular causa dor localizada na área da fractura, neste caso a omoplata. Tamén causa debilidade e crepitacións. Pode existir imposibilidade para mover o ombreiro ou elevar o brazo. Os signos e os síntomas poden estar acompañados de outros síntomas procedentes de outras fracturas ou lesións, por mor da existencia de politraumatismos e múltiples lesións.

Diagnóstico[editar | editar a fonte]

A maioría das fracturas escapulares poden diagnosticarse por medio de raios X. Porén, a coexistencia de outras fracturas de maior gravidade nos pacientes con fractura de escápula, poden distraer ou retrasar o diagnóstico, mesmo pasalo por alto. Para un correcto diagnóstico con raios X é preciso realizar unha tríada de proxeccións, que inclúen: proxección anteroposterior, oblicua cefálica en 45º e perfil en Y. Tamén é preciso realizar unha raiografía de tórax para valorar a presenza de fracturas costais, pneumotórax, e outras lesións asociadas. A tomografía computarizada tamén é de utilidade nas lesións escapulares. A resonancia permite valorar ademais a musculatura e os vasos e nervios da omoplata.

Tratamento[editar | editar a fonte]

O tratamento dependerá do tipo e da gravidade da fractura. Polo xeral, trátase de establecer un tratamento ortopédico con xeso. Porén, hai determinadas fracturas que, polas súas características, han de ser tratadas cirúrxicamente. Estas son:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]