Fractura de Monteggia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A fractura de Monteggia é un conxunto de lesións traumáticas caracterizadas pola luxación da articulación radio-cubital superior a nivel da cabeza do radio e máis a fractura de cúbito a niveles variábeis. O tratamento xeralmente é ortopédico nos nenos e mediante osteosínteses en adultos[1].
Recibe o nome en homenaxe a Giovanni Battista Monteggia[2][3].
Índice |
Causas [editar]
As posíbeis causas que poden levar á fractura-luxación de Monteggia son:
- Caída co antebrazo en pronación forzada.
- Golpe directo en situacións de defensa, onde a persoa cúbrese co antebrazo para no ser mancada directamente. Coñécese popularmente como a lesión por bastonazo.
Clasificación [editar]
Segundo a clasificación de Bado, hai catro graos dependendo do desprazamento da cabeza radial[4].
- Grao I ou en extensión (60%)
- Grao II ou en flexión (15%)
- Grao III ou tipo lateral (20%)
- Grao IV ou mixta (5%)
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Notas [editar]
- ↑ G. B. Monteggia. Istituzioni Chirurgiche. Vol 5. Milano, Pirotta & Maspero, 1814.
- ↑ Modelo:WhoNamedIt
- ↑ G. B. Monteggia. Istituzioni Chirurgiche. Vol 5. Milano, Pirotta & Maspero, 1814.
- ↑ eMedicine: Monteggia Fracture
