Fractura de Barton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A fractura de Barton é unha fractura da man. Nesta fractura aféctase o óso radio, concretamente da zona marxinal da epífise distal do radio. Existen dous tipos de fractura de Barton, Podéndose presentar como unha fractura-luxación dorsal, na que o fragmento radial desprázase cara a parte dorsal, ou ben en forma de fractura-luxación palmar, na que o fragmento radial é desprazado cara ao lado palmar. Os síntomas desta fractura adoitan ser dor no carpo, edema e incapacidade funcional para sustentar obxectos ou facer movementos coa man. O diagnóstico é clínico e raiolóxico, e o tratamento consiste nunha redución e unha posterior osteosíntese con cravos e placas. A fractura de Barton recide ese nome grazas ao cirurxián americano John Rhea Barton (1794-1871), que a describiu no ano 1938[1].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. J. R. Barton. Views and treatment of an important injury of the wrist. Medical Examiner, Philadelphia, 1838, 1: 365-368.