Fotointerpretación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A fotointerpretación é o proceso polo cal se extrae a información contida nunha fotografía aérea. Trátase de recoñecer e situar os diferentes elementos que aparecen representados. Tendo en conta a escala da fotografía, así como o tamaño dos elementos que se observan. É unha técnica moi útil para estudos territoriais.

Coa fotointerpretación pódense apreciar os dispares perfís da terra, como a natureza e o erixido polo ser humano, dándolle varias perspectivas, segundo o propósito da información extraída dunha instantánea aérea.

A fotointerpretación é necesaria para caracterizar, cuantificar e coñecer os recursos dunha superficie, e así optimizar o aproveitamento do medio e propiciar un manexo óptimo dos recursos naturais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]