Fosa supraespiñal da escápula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fosa supraespiñal da escápula
Gray203.png
Vista posterior da escápula
Gray810.png
Nervios suprascapular e axilar do lado dereito, vistos desde atrás
Latín fossa supraspinata
Gray tema #50 203

A fosa supraespiñal da escápula é unha formación ósea da omoplata. Está situada na superficie posterior, por encima da espiña escapular. É unha superficie reducida, máis grande na parte interna cá na parte externa ou axilar. Ten forma cóncava. Nos dous terzos mediais atópase a orixe do músculo supra-espiñal, que se dirixe cara o troquíter umeral.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.