Forza conservativa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nun campo conservativo, o traballo realizado para ir dun punto A a punto B depende só de A e de B; é independente da traxectoria feita para desprazarse entre eles.

En física, as forzas conservativas son aquelas nas que o traballo realizado ó desplazarse un corpo entre dous puntos non depende da traxectoria percorrida. As forzas conservativas teñen lugar nos campos conservativos, que son as rexións do espazo que cumpren co devandito. O nome conservativo débese a que para un campo de forzas dese tipo existe un xeito especialmente sixelo da lei de conservación da enerxía.

Criterios de caracterización dunha forza conservativa[editar | editar a fonte]

Pode demostrarse que un campo é conservativo se presenta algunha das propiedades seguintes (de feito, se cumpre unha delas, cumprirá as outras xa que matematicamente son equivalentes):

  • Hai un campo escalar tal que:

(1)

onde é o gradiente do campo escalar .
  • O traballo

(2a)

ó longo dun camiño calquera S a través do campo de forza depende só dos puntos inicial e final e non da traxectoria. En particular, o traballo o longo dunha curva pechada C é cero,

(2b)

(3)

. Isto significa que, o rotaciónal é cero

Un exemplo de forza conservativa é o campo gravitatorio da mecánica newtoniana. O contrario a unha forza conservativa é unha forza non-conservativa, que realiza máis traballo cando aumenta a lonxitude do camiño percorrido. Un exemplo disto é a forza de rozamento. A maioría dos sistemas físicos son non-conservativos; neles a enerxía pérdese pola fricción ou pola acción dun campo de forzas non-conservativas. Un campo non conservativo pódese describir a través dun campo conservativo facendo algunhas consideracións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]