Forth
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Forth (homónimos).
Forth ou FORTH é unha linguaxe de programación atípica para computador e ideado por Charles H. Moore e Elisabeth Rather entre os anos 1965 e 1970 no National Radio Astronomy Observatory de Kitt Peak, Arizona.
Inicialmente deseñado para unha aplicación moi concreta, a astronomía (cálculo de traxectorias de corpos en órbita, cromatografías, análise de espectros de emisión), evolucionou ata ser aplicable a case todos demais campos relacionados ou non con esa rama da ciencia (cálculos de probabilidade, bases de datos, análises estatísticas e ata financeiros).
O seu nome é unha contracción da palabra inglesa fourth, dado que os seus creadores considerábanlle destinado á cuarta xeración de computadoras, pero a primeira edición da linguaxe foi preparada para un IBM 1130, que só permitía nomes cunha lonxitude máxima de cinco letras; o seu nome quedou xa para sempre en FORTH. Posteriormente, un programa para a adquisición automática e continua de datos realizado nesta linguaxe descubriu polo menos a metade dos cúmulos interestelares coñecidos na actualidade.
Unha das súas importantes características é a utilización dunha pila de datos para pasar os argumentos entre as palabras, que son os constituíntes dun programa en Forth. (Para unha iluminadora analogía cf. Fith ).
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Páxina oficial de FORTH, Inc.
- Stack A Pila de Parámetros.
- Open Directory Project: unha lista de links útiles sobre a linguaxe Forth (cf. especialmente Open Firmware).
- PFE -- Portable Forth Environment
- Gforth -- GNU Forth Language Environment
- kForth -- Small Forth Interpreter written in C++
- Information on FORTH for 8-bit Home-Computer (Atari, Apple, ZX-80, ...)
- Fith The Alien Language With A Lifo Grammar that specifically violated linguistic universals and could never be spoken by a human in actual practice
- Introdución a Forth
- Referencia de Forth
- Hai un wiki específico en http://www.forthfreak.net/wiki/