Pazo do Conde de Gondomar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fortaleza de Gondomar»)
Pazo do Conde de Gondomar
ben de interese cultural

Porta oeste da muralla.
Coordenadas42°06′22″N 8°45′42″O / 42.105988, -8.761764Coordenadas: 42°06′22″N 8°45′42″O / 42.105988, -8.761764
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]
Escudo Sarmiento-Acuña.
Diego Sarmiento de Acuña, o primeiro conde.

O pazo do Conde de Gondomar, tamén chamado fortaleza de Gondomar, é unha fortificación de orixe medieval situada ao sur da vila de Gondomar. Está declarado Ben de Interese Cultural, e sitúase nunha fraga de árbores centenarias, rodeado por unha leira de 30 ha.

Historia[editar | editar a fonte]

Posiblemente foi fundado entre os séculos XIV e XV, sendo nesa época de tamaño moito máis reducido.

No século XVI a praza-forte consta como propiedade do corrixidor de Granada e capitán xeneral das illas Canarias, García de Sarmiento. En 1617 Filipe III concedeu ao seu primoxénito, Diego Sarmiento de Acuña, o título de Conde de Gondomar, por defender a costa do val Miñor dos ataques do pirata Francis Drake. Nesa época o conxunto foi obxecto de considerables modificacións e ampliacións.

En 1665 foi invadido polos exércitos portugueses, que no asalto destruíron gran parte das edificacións, sendo restaurado en estilo neoclásico.

Un incendio producido no século XVIII provocou o seu abandono até que no século XIX o condado de Gondomar se uniu por vía matrimonial ao ducado de Medinaceli, comezando as obras de restauración que continuaron até principios do século XX e deron lugar á actual edificación.

Características[editar | editar a fonte]

Consérvanse como elementos principais unha varanda “condal”, dous corpos laterais da muralla, varias escaleiras, o terrazo, portas ornamentadas e outros elementos defensivos menores, a maior parte deles de arquitectura neoclásica.

O edificio principal está distribuído en 3 andares. Ten unha capela acaroada do século XVII, de fachada con porta simple de arco de volta perfecta, e sobre esta un óculo que permite a iluminación do interior.

Orixinalmente tiña uns 3 km de muralla, conservándose só algúns vestixios e garitas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]