Formante (fonética)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En fonética, chámanse formantes ás frecuencias dun son complexo reforzadas por un filtro acústico.

Na fonación, os dous formantes principais son as frecuencias reforzadas polos dous resoadores principais do aparello vocal, a farinxe e a boca. Estes formantes son os responsábeis do timbre particular de cada vogal e dalgunhas consoantes. Tamén poden intervir outros formantes: as vogais nasais, por exemplo, prodúcense mediante a adxunción dun resoador suplementario, a cavidade nasal.

As consoantes oclusivas caracterízanse pola ausencia de formantes e as fricativas por seren moi pouco nítidas.