Formación Green River

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Priscacara liops, peixe fósil achado na Formación Green River.

A formación Green River (en inglés, Green River Formation) é unha formación xeolóxica do eoceno que se estende pola parte norte do estado de Utah, o oeste de Colorado e o suroeste de Wyoming, nos Estados Unidos. As capas sedimentarias formáronse nunha vasta rexión de lagos interconectados, e o seu nome provén do río Green (río Verde), un afluente do río Colorado. A formación esténdese sobre tres concas de sedimentación distintas e separadas entre si ao redor dos montes Uinta, un macizo montañoso situado ao noreste de Utah: a zona de menor extensión encóntrase o noroeste de Colorado, ao leste de los montes Uinta; unha segunda zona está situada ao noroeste de Wyoming, ao norte de Uinta, recibindo o nome de «lago Gosiute», e a zona de maior superficie está no límite entre o noreste de Utah e o oeste de Colorado, ao sur dos montes Uinta, denominándose «lago Uinta».

Litoloxía[editar | editar a fonte]

Estes lagos intermontañosos do eoceno orixináronse a causa de varios eventos oroxénicos no cretácico e o paleóxeno. As concas de sedimentación serviron, durante o eoceno, como enormes depósitos de sedimentos que se orixinaron durante os procesos oroxénicos, especialmente durante a formación das montañas Rochosas, recibindo partículas desde todas as direccións.

O levantamento dos montes Uinta verteu sedimentos nas concas desde o norte, leste e sur; a cordilleira Wind River depositou sedimentos nas concas desde o norte e varias cordilleiras da caena montañosa de Colorado contribuíron desde a rexión oriental, as montañas San Juan fixieron o propio desde o sur e a cordilleira Wasatch fíxoo desde o oeste.

Knightia alta, especie da subfamilia dos pelonulinos, fósil do eoceno (hai ca. 56 Ma) de Colorado, EE.UU.

Fósiles[editar | editar a fonte]

Na formación pódense distinguir dúas zonas ben diferenciadas de barro limoso moi fino, no que se conservanron unha gran diversidade de fósiles completos e detallados. A zona máis produtiva, a denominada «zona de 18 polgadas», contén unha gran cantidade de fósiles, entre os que destacan os peixes, nunha serie de capas laminadas de barro, e representan aproximadamente uns catro mil anos de depósitos. A segunda zona fosilífera trátase dunha zona non laminada de algo menos de dous metros de grosor na que tamén se poden encontrar fósiles moi detallados, aínda que a súa extracción vese dificultada ao non estar disposta en láminas separábeis.[1]

Notas[editar | editar a fonte]