Forcada
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha forcada é un apeiro agrícola formado por un mango longo rematado en 3 a seis gallas ou dentes, tamén longos, finos ou planos, amplamente separados e cos extremos punzantes. Tradicionalmente eran completamente de madeira, feitos aproveitando unha póla de árbore que se separarse en tres a partir dun mesmo nó, pero agora os dentes son metálicos e nun mesmo plano.
Esta ferramenta adoita usarse para levantar e transportar materiais a eito como palla, follas mortas, esterco, etc.
Existen numerosos sinónimos para designar este apeiro: colmeira, forca, forcado, forcanza, forquita (cando é pequena, con dous gallos), furquito, galleta, galleto, gancha ou guita.