Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2012.) |
O Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (coñecido popularmente polo acrónimo FROB) é un fondo creado en España con motivo da Crise económica do 2008. O fondo está dentro das medidas e plans de rescate e incentivación da economía -e, especialmente, do sector financeiro- postos en marcha polos distintos gobernos e autoridades monetarias.
O FROB ten coma misión xestionar os procesos de reestruturación de entidades de crédito e contribuír a reforzar os seus recursos propios nos procesos de integración entre entidades. O FROB ten unha dotación de 9.000 millóns de euros, do cal o 75% provén integramente dos Orzamentos Xerais do Estado e do Fondo de Adquisición de Activos Financeiros, o restante 25% (2250 millóns de euros), provén dos distintos fondos de garantía de depósitos de bancos, caixas de aforro e cooperativas de crédito.