Folosa de Blyth
| Folosa de Blyth | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Acrocephalus dumetorum | ||||||||||||
A folosa de Blyth (Acrocephalus dumetorum), é un paxaro da familia dos sílvidos (Sylviidae) que cría en Asia e no leste de Europa.
Índice |
Descrición [editar]
É unha folosa de tamaño mediano que mide entre 12,5 e 14 cm. de lonxitude. Os adultos teñen a parte superior do corpo castaña e son máis pálidos por debaixo. É doado confundila coa folosa das canaveiras ou fulepa dos carrizos (Acrocephalus scirpaceus) e con algunhas folosas do xénero Hippolais. Diferénciase da folosa das canaveiras por teren o lombo máis agrisado, a fronte menos patela e o bico menos forte e afiado. Os dous sexos teñen coloracións idénticas, pero os exemplares novos son máis amarelos na zona ventral.
Na época reprodutora a súa característica máis distintiva e o seu canto, lento e repetitivo, con imitacións do doutras aves e puntuado coas escalas e os asubíos típico das folosas.
Hábitat e distribución [editar]
A diferencia das folosas das canaveiras non son amigas de viviren nos pantanos, e prefiren claros ou zonas de mato, as miúdo preto da auga. Como pousadeiros para cantar usan árbores e arbustos. Son aves migratorias, que abandonan os seus territorios de cría asiáticos e do leste de Europa para pasa-lo inverno na India e Sri Lanka. Na Europa occidental aparecen só ocasionalmente coma divagantes.
Conduta [editar]
Coma case tódalas folosas aliméntanse de insectoss, pero poden apañar outras pezas pequenas de alimento coma as bagas.
Fan o niño entre o mato e poñen entre catro e seis ovos.
Ligazóns externas [editar]
Xustificación da súa clasificación na lista vermella de especies ameazadas pola IUCN