Folégandros - Φολέγανδρος

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Folégandros - Φολέγανδρος
Vista da illa
Fole abhang.jpg
Datos
Capital Folegandros
País Grecia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Cícladas
Linguas Grego
Poboación (2001) 667 hab.
Superficie 32´216 km²
Densidade
Coordenadas 36°37′N 24°54′E / 36.617°N 24.9°E / 36.617; 24.9
Maior Altura 416 m.
Localización
Localización  da illa

Folégandros (Pholegandros) en grego Φολέγανδρος, é unha illa do mar Exeo, a máis pequena das Cícladas entre Melos e Síkinos. Ten 32 km² e 700 habitantes.

O seu nome segundo a lenda era o do fillo de Minos. A cidade do mesmo nome estaba ao nordeste da illa, xunto á moderna cidade de Folégandros.

Outras cidades da illa son Ano Meria (norte) e Karavostassis e Livadi ao sueste. Angali (ao oeste) forma unha baía que case divide a illa en dúas.

Historia [editar]

Pouco se coñece sobre a historia antiga de Folegandros. Os seus habitantes foron dorios. Máis tarde pasou a dominio de Atenas. A illa foi conquistada en 1207 polo veneciano Marco Sanudo e permaneceu baixo o imperio de Venecia ata 1566, cando foi tomada polos turcos otománs. Os gregos recuperada no século 19.

Xeografía [editar]

Folegandros ten unha paisaxe variada, e inclúe altos cantiis e unha gran cova. A "capital" da illa, Chora, está construída sobre o bordo dun precipicio de 200 metros de altura. O porto de Folegandros é a pequena cidade de Karavostassis. O pobo de Ano Meria contén unha pequena pero interesante Museo Ecolóxico e do Folklore. Unha das praias maís notables en Folegandros é Katergo, accesible só por barco desde Karavostassis.