Fokker D.VII

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fokker D.VII
Fokker D. VII USAF.jpg
Tipo caza
Fabricante Fokker-Flugzeugwerke
Deseñado por Reinhold Platz
Primeiro voo xaneiro de 1918
Principais usuarios Luftstreitkräfte
Construídos ao redor de 3.300

O Fokker D.VII foi un caza alemán da Primeira Guerra Mundial deseñado por Reinhold Platz de Fokker-Flugzeugwerke. Alemaña fabricou ao redor de 3.300 D.VII no verán e outono de 1918. En servizo, o D.VII demostrou rapidamente ser un avión formidable. O armisticio que rematou coa guerra requiría especificamente de Alemaña a rendición de todos os D.VIIs aos aliados ao fin do conflito. Os avións supervivintes serviron con outros países nos anos posteriores á guerra.