Fokker 70
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Fokker 70 | |
|---|---|
| Fokker 70 de KLM Cityhopper | |
| Tipo | pasaxeiros |
| Fabricante | Fokker |
| Primeiro voo | 4 de abril de 1993 |
| Introducido | outubro de 1994 |
| Estado | en servizo, pero non fabricado |
| Produción | 1992-1997 |
| Construídos | 47 (+1 prototipo) |
O Fokker 70 é un reactor de pasaxeiros bimotor de fuselaxe estreita e alcance medio fabricado por Fokker como unha versión máis pequena do seu Fokker 100. Tras realizar o seu voo de estrea o 4 de abril de 1993 fabricáronse 47 exemplares, ademais dun prototipo, e a meirande parte deles continúan en servizo en aeroliñas de todo o mundo, especialmente europeas.