Fluxus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Fluxus- Movemento artístico estreitamente relacionado coa música, a poesía e a performance mesturadas. Nacido na década dos sesenta en Nova York.


Historia[editar | editar a fonte]

Fluxus- O nome ven do inglés to flow (fluir). George Maciunas foi o primeiro organizador do movemento, pero os artistas fluxus crian na completa liberdade ainda que houbera unha asociación, mais que adherirse eles mesmos a un movemento foron os críticos os que o fixeron. Comezado ao redor do 1958, sen moita exactitude de data, o movemento extendeuse con grande rapidez internacionalmente nas décadas dos sesenta e setenta. A maioría dos seguidores do fluxus ven este movento mais que un tipo de arte como unha forza creativa, centrado na creatividade, cultura e a consciencia. Foi nas clases de John Cage na New School for Social Research en Nova York de se xuntaron parte dos fundadores do fluxus. Estas clases experimentais tiñan moitos asistentes sen bases musicais, sendo eles artistas como Joseph Beuys, Nam June Paik, Wolf Vostell, Charlotte Moorman,Jackson Mac Low, Al Hansen, George Brecht e Dick Higgins. A visión de que cualquer cousa ó redor deles podía ser considerada bela e polo tanto perfeitamente utilizable para as súas experiencias artísticas é a base do nacimento do fluxus. O fluxus en pouco tempo obtivo recoñecemento por parte de crítica e museos, o cual segundo moitos dos artístas que nel se poden enmarcar, foi bastante perxudicial e decisivo para despoxalo da inxenuidade característica das súas influencias dadaístas. Moitos deles estaban en completo desacordo co circo que se estaba montando.

Despois da morte de George Maciunas no 1978 o arte fluxus sufriu unha ruptura. Varios críticos ou comisarios como Jon Hendricks, (dono dunha amplia colección de arte fluxus) proclamaron a morte deste movemento. Mentres que artistas como Dick Higgins e outros moitos, que hoxe en día teñen claras reminiscencias de este movemento, sosteñen que o fluxus segue a fluir.


Artistas vinculados[editar | editar a fonte]

O fluxus, ao non estar enmarcado nunhas regras concretas, pódense asociar artistas de todo tipo; compositores, artistas plásticos, escritores, videoartistas...

Ligazón externas[editar | editar a fonte]