Florida, Uruguai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaFlorida, Uruguai
Imaxe

Localización
Mapa
 34°06′S 56°13′O / -34.1, -56.22Coordenadas: 34°06′S 56°13′O / -34.1, -56.22
EstadoUruguai
Departamento (pt) TraducirDepartamento de Florida Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación33.639 (2011) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude70 m Editar o valor em Wikidata
Creación1809 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal94000 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webpandoweb.com Editar o valor em Wikidata

Florida é unha cidade uruguaia capital do departamento homónimo. Achantada sobre as ribeiras do Río Santa Lucía Chico, posúe unha poboación de aproximadamente 32.128 habitantes.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Foi fundada o 24 de abril de 1809, recibindo nun principio o nome de San Fernando de la Florida Blanca, apelación en homenaxe ao válido e favorito real español de inicios do século XIX, o Conde de Floridablanca.

Destaca porque alí se atopa a Pedra Alta da Florida, lugar escolleito o 25 de agosto de 1825 para realizar o Congreso de Florida, e tamén pola Capela de San Cono, santo que congrega multitudes o 3 de xuño.

Na súa praza principal encóntrase a catedral da cidade, que se empezou a construír en 1894. É unha das igrexas máis coñecidas do país, pois contén a Virxe dos Trinta e Tres, patroa do Uruguai, representada por unha pequena figura de madeira, localizada orixinalmente nunha localidade denominada Villa Vieja (antes, Villa del Pintado), e que a ela se encomendaron os Trinta e Tres Orientais tras o seu desembarco en 1825, xurando liberar a patria ou morrer no intento.

Na mesma praza, un monumento obra do escultor Juan Manuel Ferrari, conmemora a Declaratoria da Independencia. O día da inauguración do mesmo, o 19 de maio de 1879, o poeta Juan Zorrilla de San Martín declamou a Leyenda Patria, en honra da xesta dos Trinta e Tres.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Juan Zorrilla de San Martín - Leyenda Patria" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2009. Consultado o 27 de maio de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]